Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(15-02-2020)

Actividades integración 2ª quenda febreiro2020

Actividades integración 2ª quenda febreiro 2020

Segunda quenda do mes de febreiro

"A chuvia de febreiro fai o palleiro"
Máis e máis actividades! Merendas saudables, dinámicas teatrais, natureza, club de lectura, estimulación cognitiva, radio
O mércores 19 faremos unha visita guiada na exposición “A Cultura Africana” na Casa das palabras – Verbum.
Os venres 21 e 28 continuamos co campionato de Dardos dentro dos "Venres Abertos", a partir das 17:30h.
O sábado 22 terá lugar a primeira Andaina Verde! A rutiña será Porriño – Redondela e en horario de 10:30h a 19:00h.
O martes 25 é festivo, é martes de Entroido! Se non tedes plan, unídevos e pasade unha bonita xornada. Primeiro, xunto á Comunidade de Montes de Teis, faremos unha reposición de frondosas. Despois voltaremos ao local de Xaruma e xantaremos no bosque disfrutando da contorna.
E por si vos parece pouco, lembrarvos que o sábado 29, teremos Xantar Xaruma e piscina pola tarde.

A QUE ESPERADES?
[ASOCIACIÓN XARUMA]

Descarga asociada

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds