Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(31-05-2012)


Suspéndese ata novo aviso o VI Congreso galego de voluntariado 'As persoas nas organizacións solidarias'

Queda suspendido ata novo aviso o VI Congreso Galego de Voluntariado que, baixo o lema "As persoas nas organizacións solidarias", estaba a organizar a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado para o vindeiro 13 de xuño na Estación Marítima de Vigo.

Non obstante, mantense para a mesma data o III Foro da Solidariedade, co mesmo título, se ben este se desenvolverá en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo (rúa Concepción Arenal, 8).

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado lamenta profundamente este incidente, que se produce por causas alleas á súa vontade, e agarda poder dar en breve novas ao respecto.

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds