Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Novas


(30-01-2020)

Aberta a Convocatoria do Programa de Coñecemento da Realidade 2020

Un ano máis, convocamos as prazas do Programa de Coñecemento da Realidade para o ano 2020

Número de prazas: 3.
ACTIVIDADE: Soberanía alimentaria, defensa do territorio, abastecemento de auga e saneamento, fortalecemento de organizacións de sociedade civil e de gobernos locais, xénero.
PAIS: Honduras
ZONA: Golfo de Fonseca
SOCIAS LOCAIS: CODDEFFAGOLF, Mancomunidade de NASMAR e AHJASA

DURACIÓN TOTAL: 1 de marzo 2020 ata 2 meses despois de regreso.
DURACIÓN ESTADÍA NO TERREO 2/3 meses entre Xullo e Outubro de

O PCR inclúese dentro das actividades de Educación para o Desenvolvemento Humano que ESF Galicia leva a cabo, xa que se entende como un programa de formación específica das persoas voluntarias no coñecemento da realidade concreta dos países nos que a organización traballa (neste caso Honduras), co fin de fortalecer o pensamento crítico da persoa voluntaria e a súa capacidade e criterios de actuación.



As persoas interesadas deben enviar un breve CV cos datos máis relevantes para a praza, xunto cunha carta de motivación, ambos en PDF ao correo info@galicia.isf.es

A data límite para a presentación de solicitudes é o 7 de febreiro de 2020, ás 23:59 horas. As solicitudes que sexan recibidas despois deste momento non entrarán no proceso de selección.


[ASOCIACION ENXEÑERIA SEN FRONTEIRAS GALICIA]

xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds