Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Hemeroteca

(24-10-2019)

A Xunta destina 17.700 euros a financiar programas de acción voluntaria de nove entidades luguesas

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que se publicou a resolución de axudas destinadas a entidades privadas para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.

(23-10-2019)

Política Social acompaña a usuarios e voluntarios da Asociación de Alzhéimer de Ourense na última etapa do Camiño

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañou esta mañá a un grupo de 25 persoas da Asociación de Familiares Enfermos de Alzhéimer de Ourense (Afaor) na súa terceira e última etapa do Camiño de Santiago pola Vía da Prata.

(18-10-2019)

VENRES POLO PLANETA

Movemento xuvenil d@s voluntari@s para a limpeza do noso entorno do concello de Ponteareas. Imos mostrar ao mundo que temos moito que facer.

[CONCELLO DE PONTEAREAS / OFICINA MUNICIPAL DE VOLUNTARIADO]

(18-10-2019)

Actividade formativa en voluntariado social ‘Nos haces falta’

Actividade formativa en voluntariado social “Nos haces falta”” impulsada desde a Federación de Asociaciones para la Prevención del Maltrato Infantil ( FAPMI- ECPAT España) co apoio do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social do Goberno de España na súa II Convocatoria Estatal en 2019.

(04-10-2019)

A Xunta forma ao voluntariado en materia de igualdade e en prevención e loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitaron o obradoiro que se clausurou hoxe en Santiago.

(30-09-2019)

Ecocine: La alimentación del futuro

O vindeiro luns 30 de setembro, as 17h no local de Xaruma, teremos a proxección do documental "La alimentación del futuro" coa posterior charla- coloquio onde debatiremos as diferentes posturas.

Animádevos a vir! Pasaremos unha tarde moi agradable en boa compaña.

[ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA]

(28-09-2019)

Camiño de Santiago Portugués pola costa: 5ª etapa Redondela-Pontevedra

O vindeiro sábado seguimos coa 5ª etapa do Camiño de Santiago, dende Redondela a Pontevedra. As 10: 30 quedaremos en Xaruma para coller o autobús cara a Redondela, e alí comezar a nosa etapa. Estade puntuais!

Ultreia!

[ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA]

(24-09-2019)

Plan Proxecta (Curso 2019/20)

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

(24-09-2019)

Curso de formación específica de voluntariado para o acompañamento e a comunicación con persoas xordocegas e persoas xordas en situación de exclusión social

Curso de voluntariado para persoas voluntarias da faxpg ou cualquer persoa interesada en ter un contacto coas persoas xordocegas e persoas xordas en exclusión social.

[FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA, FAXPG]


[ 1 ] ... [ 3 ] [ 4 ] 5 [ 6 ] [ 7 ] ... [ 257 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds