Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Hemeroteca

(26-05-2020)

Subvencións voluntariado ano 2020

NOTA INFORMATIVA. Continuación pola Consellería de Política Social da tramitación dos procedementos de concesión de subvencións para o ano 2020: Resolución da Conselleira de Política Social, pola que se establece a continuación da tramitación dos procedementos de concesión de subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil (BS320A) e no programa voluntariado sénior (BS508C); e para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado (BS508B).

(06-05-2020)

MayoresActivosEnCasa

PROGRAMA DE FORMACIÓN DENTRO DEL PROYECTO 0,7

[FED. GALEGA ASOCIACIÓNS UNIVERSITARIAS, FEGAUS]

(21-04-2020)

EMERXENCIA SANITARIA - AECC RESPONDE

SE PERDICHES UN SER QUERIDO, QUEREMOS ESTAR AO TEU LADO

Atención psicolóxica gratuita para todas as personas que nos necesiten, 24 horas, 7 días á semana.

[ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA EL CANCER (AECC) / JUNTA PROVINCIAL DE ORENSE]

(13-04-2020)

O Plan de formación de xuventude e voluntariado comeza este martes 14 de abril con dous cursos: Básico de voluntariado e Fotografía dixital

As 1.250 prazas postas a disposición da mocidade e das persoas voluntarias están esgotadas

(08-04-2020)

Relación de cursos de voluntariado con prazas vacantes e dos que se reabre a inscrición

Unha vez revisadas as matrículas realizadas ao longo desta mañá, procedemos a reabrir novamente, e ata cubrir prazas, a inscrición dos cursos que se enumeran a continuación:

1.- CURSO DE VOLUNTARIADO NIVEL BÁSICO
2.- A ACCIÓN VOLUNTARIA EN SITUACIÓNS DE EMERXENCIA (Cubertas xa ás prazas vacantes)
3.- NOVAS TECNOLOXÍAS COMO FERRAMENTAS PARA PERSOAS VOLUNTARIAS
4.- VOLUNTARIADO E TRANSFORMACIÓN SOCIAL
5.- APRENDIZAXE REFLEXIVA A TRAVÉS DA ACCIÓN VOLUNTARIA
6.- EDUCACIÓN E VOLUNTARIADO AMBIENTAL (Cubertas xa ás prazas vacantes)



**ALUMNADO XA INSCRITO NO CAMPUS EN LIÑA: novo acceso ao panel (Lembra que debes matricularte aos cursos a través do panel de alumno premendo no espazo "suscrición a outros cursos on line").

**ALUMNADO NOVO, NON INSCRITO NO CAMPUS EN LIÑA (Debes cubrir a ficha dun dos cursos nos que queiras matricularte, ir ao teu correo e validar a ligazón que che envía a plataforma. Unha vez que te demos de alta como alumna/no na plataforma terás que entrar coas túas claves ao campus e matricularte aos cursos dende o panel de alumna/o).

(08-04-2020)

Peche do prazo de inscrición do Plan de Formación de Xuventude e Voluntariado

Pechada temporalmente a inscrición nos cursos on-line ante a masiva presentación de solicitudes.


Unha vez comprobadas as solicitudes que xa se recibiron, e no caso de resultar prazas vacantes, procederase de novo a apertura ata completalas.


1 [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] ... [ 260 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds