Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Hemeroteca

(26-03-2020)

COMUNICADO ABRIL XARUMA

Primeira quenda de abril

[ASOCIACIÓN XARUMA]

(23-03-2020)

O Teléfono do Voluntariado refórzase como Teléfono Social para o acompañamento e apoio á cidadanía ante a pandemia do coronavirus

Debido á actual situación de emerxencia sanitaria, o actual teléfono do voluntariado (900 400 800), dependente da Consellería de Política Social, funcionará tamén como un teléfono social. O obxectivo é proporcionar acompañamento e apoio aos cidadáns que o precisen, priorizando aquelas chamadas que alerten de situacións de vulnerabilidade ou emerxencia social.

(13-03-2020)

COMUNICADO MARZO XARUMA

Segunda quincena do mes de marzo

[ASOCIACIÓN XARUMA]

(11-03-2020)

Política Social informa sobre o programa Voluntariado no Camiño á veciñanza de Padrón

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo esta tarde unha reunión informativa sobre o programa Voluntariado no Camiño con veciñas e veciños do concello coruñés de Padrón. A Consellería de Política Social e a de Cultura e Turismo poñen en marcha esta iniciativa para relanzar a participación de persoas voluntarias no vindeiro Ano Santo.

(05-03-2020)

A Xunta mantén un encontro coa veciñanza de Soutomaior sobre o programa Voluntariado no Camiño

O obxectivo é propiciar a participación de persoas voluntarias no vindeiro Ano Santo.

As persoas que participen acompañarán aos peregrinos nas visitas a igrexas e outros monumentos da zona, e tamén lles informarán sobre aspectos culturais e servizos de interese que existan, como albergues ou oficinas de información.

(03-03-2020)

Política Social informa sobre o programa Voluntariado no Camiño á veciñanza de Xinzo de Limia

Trátase de fomentar a participación de persoas voluntarias no vindeiro Ano Santo.

(02-03-2020)

A Xunta salienta a solidariedade dos voluntarios do programa de acompañamento en hospitais

Esta iniciativa púxose en marcha inicialmente nas áreas sanitarias de Lugo e de Ourense.

(28-02-2020)

A Xunta salienta a importancia do voluntariado para favorecer o desenvolvemento persoal e profesional da mocidade

Cristina Pichel avoga porque as administracións públicas sigan impulsando o recoñecemento das habilidades e competencias neste eido.


1 [ 2 ] [ 3 ] [ 4 ] [ 5 ] [ 6 ] ... [ 257 ]
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds