Saltar navegación
voluntariadogalego.org. Teléfono do Voluntariado: 900 400 800 voluntariadogalego.org. Teléfono Solidario: 900 400 800

Axenda

6 de xullo de 2019

XV Encontro de Voluntariado e Bioblitz do Proxecto Ríos

Un ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos. Será o 06 de xullo de 2019 polas ribeiras do río Grou. Este ano 2019 continuaremos realizando unha de descuberta de biodiversidade, tamén coñecida como Bioblitz. Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos do río para coñecer máis de cerca os tesouros naturais que agochan os cursos fluviais.
Contaremos coa participación e colaboración do colectivo Asociación Galega de Tracción Animal.
Se estades interesados/as en participar nesta actividade inscribídevos chamando aos teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038 ou no e-mail: pacobanhobre@adega.gal
A actividade durará todo o día e faremos un xantar de campo ao que convidará o Proxecto Ríos. Podedes descarregar o Cartaz Divulgativo.O programa provisional é:
10:30 Encontro en Requeixo de Grou. Centro de Interpretación de Tracción Animal (CITRAN)
10:45 Presentación da actividade
11:00 Inicio da descuberta de biodiversidade
14:30 Xantar de campo
16:00 Posta en común
17:00 Remate da actividade

MAIS INFO

[ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA, ADEGA]


Volver
xunta de galicia
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e Información | Suxestións e queixas | Aviso legal | Atendémolo/a
Formato RSS 2.0 Pode subscribirse as novidades desta web cun lector de feeds