Boletín informativo 12 de Xuño de 2007 Nº: 6
CICLO DE CINE KEN LOACH II
Continúa o ciclo de proxeccións de filmes de Ken Loach, dentro do ciclo conversascon...

A continuación destacamos as 2 últimas proxeccións e a conferencia programadas dentro do ciclo.
La cuadrilla (2001)
14 XUÑO

:: 20:30h ::
Facultade de Ciencias da Comunicación
Campus Norte - Avda. Castelao s/n
Santiago de Compostela

Sinopse: Un grupo de traballadores da British Rail —a empresa de ferrocarrís estatal da Gran Bretaña— vai como ou seu modus vivendi cambia radicalmente coa privatización da compañía. Baixo novas regras deberán escoller entre o pagamento segundo traballo feito e vacacións non remuneradas, ou aceptar unha indemnización tras o despedimento e converterse en eventuais dunha axencia de traballo temporal.

ENTRADA LIBRE
Felices 16 (2003)
19 XUÑO

:: 20:30h ::
Teatro Principal
Rúa Nova, 21
Santiago de Compostela

Sinopse: Liam fará dezaseis anos nuns días. A súa nai, Jean, que está no cárcere, sairá á rúa para o aniversario do seu fillo. Liam quere aproveitar a ocasión para que, desta vez, todo vaia ben. Soña cunha vida familiar que nunca tivo, cousa que significa crear un lugar seguro para a súa nai, a súa irmá Chatelle e para el mesmo, fóra do alcance de Stan, o mozo de Jean, e do seu propio avó.

ENTRADA LIBRE
Conversa con Ken Loach
O ciclo Conversascon continúa coa conferencia "Cinema e compromiso social" da man de Ken Loach.

Este novo encontro celebrarase ás 8 da tarde do 20 de xuño, no Auditorio de Galicia, avda Burgo das Nacións, de Santiago de Compostela.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.