Boletín informativo 04 de Xuño de 2007 Nº: 4
CICLO DE CINE KEN LOACH
Coincidindo coa conferencia que ofrecerá, o vindeiro 20 de xuño, Ken Loach dentro do ciclo conversascon, celebrarase un ciclo de proxeccións de varios dos seus filmes.

A continuación destacamos as 3 primeiras proxecciósn programadas e en breve enviaremos máis información sobre os seguintes filmes.
Ladybird, Ladybird (1994)
11 XUÑO

:: 20.30h ::
Teatro Principal
Rúa Nova, 21
Santiago de Compostela

Sinopse: Ladybird é a historia de Maggie, unha nai solteira de clase baixa, á que os servizos sociais lle queren quitar a custodia dos seus fillos pola súa forma de vivir e a súa aparente falta de preocupación por eles. Namorada de Jorge, un refuxiado latinoamericano, intentará recuperar os seus fillos e formar unha familia.

ENTRADA LIBRE
Mi nombre es Joe (1998)
12 XUÑO

:: 20.30h ::
Facultade de Ciencias da Comunicación
Campus Norte - Avda. Castelao s/n
Santiago de Compostela

Sinopse: Joe Kavanagh, 37 anos, parado e ex alcohólico adestra a un equipo de futbol afeccionado integrado por rapaces duns dos barrios máis degradados da cidade de Glasgow. Sarah, unha asistenta social que traballa na veciñanza, comeza unha relación con el.

ENTRADA LIBRE
Pan y Rosas (2000)
13 XUÑO

:: 20.30h ::
Facultade de Ciencias da Comunicación
Campus Norte - Avda. Castelao s/n
Santiago de Compostela

Sinopse: Maia e Rosa, dúas irmás mexicanas, traballan como limpadoras nun edificio de oficinas de Los Angeles. Un encontro con Sam, un apaixonado activista norteamericano, fará que emprendan unha campaña de loita contra os seus abusivos empregadores. Porén este enfrontamento pódelles facer perder ou seu medio de sustento e provocar a súa expulsión do país.

ENTRADA LIBRE

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.