Boletín informativo 29 de Maio de 2007 Nº: 3
CONVERSASCON...
Conversascon, é un ciclo de conferencias que se desenvolverán ao longo de todo o ano, e que teñen como obxectivo acercar a Galiza temas sociais de primeira índole como, a globalización, a participación, o voluntariado, a solidariedade...etc.

Este ciclo promovido pola Vicepresidencia de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, tentará contar con destacados relatores tanto de ámbito nacional como internacional.
Conversa con Nina Pacari
O 19 de abril, no Salón de Actos da Fundación Araguaney, en Santiago de Compostela, celebrouse a primeira das conferencias previstas dentro deste ciclo.

A protagonista da mesma foi Nina Pacari coa charla "Cara unha nova lectura do indixenismo: claves de interpretación dende o primeirio mundo."

Podedes descargar os contidos da conferencia dende a páxina web de Voluntariado Galego. Ademais xa está dispoñible unha reportaxe gráfica do acto.
Conversa con Carlos Alberto Torres Novoa
A segunda das conferencias do ciclo foi celebrada o 10 de maio na Aula Socio Cultural Caixa Galicia, da Coruña.

O ponente invitado foi Carlos Alberto Torres Novoa que interviu coa conferencia titulada "Educación, globalización e xustiza".
Conversa con Ken Loach
O ciclo Conversascon continúa coa conferencia "Cinema e compromiso social" da man de Ken Loach.

Este novo encontro celebrarase ás 8 da tarde do 20 de xuño, no Auditorio de Galicia, avda Burgo das Nacións, de Santiago de Compostela.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.