Boletín informativo 22 de Xaneiro de 2020 Nº: 418
PROPOSTAS CURSOS DE FORMACIÓN 2020
Como sabedes, desde a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, desenvolvemos todos os anos un plan de formación no ámbito do voluntariado que busca dar resposta ás demandas do colectivo. Neste sentido, en 2019 ofertáronse un total de 1.500 prazas en cursos online e presenciais en diferentes ámbitos
Co obxectivo de seguir reforzando esta oferta formativa e adaptala ás necesidades do voluntariado galego, queremos facervos partícipes na arquitectura do plan deste ano. Por iso, gustaríanos coñecer que tipo de cursos ou ámbitos de actuación vos gustaría que incluíse o Plan de Formación de Voluntariado 2020 para despois poder valorar e analizar as ditas propostas e, de ser o caso, introducilas no programa formativo.

Podedes enviarnos as vosas suxerencias ou propostas a partir do 23 de xaneiro ao enderezo electrónico voluntariado@xunta.gal

O prazo de presentación finalizará o vindeiro 7 de febreiro. ​

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.