Boletín informativo 27 de Novembro de 2019 Nº: 414
Día Internacional do Voluntariado
Con motivo da celebración o vindeiro día 5 de decembro do Día Internacional do Voluntariado, a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, porá en marcha un programa orientado á promoción do voluntariado na nosa comunidade, coa finalidade de por en valor o exercicio da acción voluntaria e dos beneficios que esta aporta ás persoas que a realizan e á sociedade en xeral; para elo durante 10 días (do 26 ao 6 de decembro) un autobús co lema "Engánchate ao Voluntariado" recorrerá diferentes puntos da xeografía galega coa finalidade de ofrecer información dos diferentes programas que a día de hoxe se están a desenvolver pola Xunta de Galicia nesta materia así como dos requisitos que se precisan para facer voluntariado.

As persoas que o visiten poderán informarse sobre programas como o proxecto de voluntariado ambiental LEWO, os campos de voluntariado da Campaña de Verán, o voluntariado de Nadal a través do programa Xuntos polo Nadal, a iniciativa Son Voluntaria/o centrada en festivais de música, o voluntariado sénior ou o plan de formación para persoas voluntarias.
Convidámosvos a achegarvos aos espazos onde imos a estar presentes.
Horarios e localizacións previstas:

27/11/19 Campus de Elviña da Coruña entre as 11.00 e as 14.00 horas diante da Facultade de Dereito.
Zona do Parrote (explanada) entre as 16.00 e as 20.00 horas.

28/11/19 Campus Vida de Santiago entre as 11.00 e as 14.00 horas na praza Rodríguez Cadarso s/n
Alameda de Santiago de Compostela entre as 16.00 e as 20.00 horas nas inmediacións do IES Rosalía de Castro

 29/11/19
Campus Universitario A Xunqueira de Pontevedra entre as 11.00 e as 14.00 horas na Escola de Enxeñaría Forestal
Alameda Rosalía de Castro de Marín entre as 16.00 e as 20.00 horas

30/11 /19 Praza do Mercadillo de Ribeira entre as 11.00 e as 14.00 horas
Alameda de Noia entre as 16.00 e as 20.00 horas

1/12/19 Campo da Feira de Melide entre as 11.00 e as 14.00 horas

2/12/19 Praza Horta do Seminario de Lugo entre as 11.00 e as 14.00 horas
Escola Politécnica Superior de Lugo entre as 16.00 e as 20.00 horas.

3/12/19 Praza Campo da Compañía en Monforte de Lemos entre as 11.00 e as 14.00 horas
Rúa do Paseo de Ourense entre as 16.00 e as 20.00 horas.

4/12/19 Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo Campus Universitario As Lagoas-Ourense entre as 11.00 e as 14.00 horas
IES Celanova Celso Emilio Ferreiro – Celanova entre as 16.00 e as 20.00 horas.

5/12/19 Campus de Vigo entre as 11.00 e as 14.00 horas
Concello de O Porriño entre as 16.00 e as 20.00 horas

06/12/19
Delegación Territorial  Xunta de Galicia en Vigo entre as 11.00 e as 14.00 horas e entre as 16.00 e as 20.00 horas.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.