Boletín informativo 05 de Abril de 2016 Nº: 338
Aberta a inscrición a un novo curso en liña: Formación do voluntariado na recuperación patrimonial 2016
O prazo de inscrición estará aberto do do 5 ao 29 de abril ás 14.30 horas

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia que non realizaran con anterioridade o curso básico de voluntariado.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: sen límite

Contidos:

Módulo I. Definición de Patrimonio no marco do voluntariado

Módulo II. Tipoloxía do Patrimonio

Módulo III. Intervencións do voluntariado para a recuperación do patrimonio local

Módulo IV. Aproveitamentos e posta en valor do Patrimonio


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org


Data de inscrición: do 5 ao 29 de abril.

Data de realización: do 2 ao 31 de maio ás 14:30 horas.

Formulario de inscrición.


Se xa eres alumno deste campus debes darte de alta accedendo ao teu panel de alumno.
Se non recordas o teu usuario e contrasinal envía un mail a voluntariado@xunta.es.

Lembra que aínda estás a tempo para anotarte ao "Curso de voluntariado ambiental 2016", que se impartirá a través da plataforma de teleformación do 11 de abril ao 11 de maio.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.