Boletín informativo 14 de Marzo de 2016 Nº: 336
Aberta a inscrición a un novo curso en liña: Curso de voluntariado ambiental 2016
O prazo de inscrición estará aberto do 11 de marzo ao 8 de abril ás 14.30 horas

Destinatarios/as: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia que non realizaran con anterioridade o curso básico de voluntariado.

Nº. de horas: 20

Nº. de prazas: sen límite

Contidos:

Módulo I. Historia do voluntariado ambiental. Marco legal. Persoa voluntaria e entidades de acción voluntaria.

Módulo II. Xestión de proxectos de voluntariado ambiental.

Módulo III. Entidades e actividades de voluntariado ambiental desenvolvidas en Galicia.


Modalidade:
en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org


Data de inscrición: do 11 de marzo ao 8 de abril.

Data de realización: do 11 de abril ao 11 de maio ás 14:30 horas.
Formulario de inscrición
Se xa eres alumno deste campus debes darte de alta accedendo ao teu panel de alumno.
Se non recordas o teu usuario e contrasinal envía un mail a voluntariado@xunta.es.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.