Boletín informativo 08 de Marzo de 2016 Nº: 335
ÁGORAMOBILIDADE– XORNADA SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE - SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza o vindeiro 15 de marzo, na Facultade de Económicas e Empresariais da USC, unha xornada sobre programas de mobilidade internacional. Un foro de encontro entre as administracións e entidades que impulsan e participan en programas de mobilidade, e os mozos que estén interesados en participar nestes programas.
A ÁgoraXove de Mobilidade enmárcase nun programa da Consellería de Política Social, orientado á creación de espazos que faciliten a participación dos mozos galegos na vida social, económica e cultural da nosa Comunidade Autónoma; a través da celebración de 12 foros en distintos puntos da nosa xeografía que fomenten e consoliden o protagonismo dos mozos na súa contorna.
Para máis información pincha aquí

Formulario de inscrición

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.