Boletín informativo 02 de Marzo de 2016 Nº: 333
COMO E ONDE SOLICITAR O CERTIFICADO DO REXISTRO CENTRAL DE DELINCUENTES SEXUAIS
QUE SE PRECISA PARA SOLICITAR ESTE CERTIFICADO?
**Impreso de solicitude Modelo 790 (pódese recoller no Rexistro Civil, na Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza ou descargar da páxina web: www.mjusticia.gob.es).
**Fotocopia compulsada por un organismo oficial do DNI, tarxeta de residencia en vigor, pasaporte co visado en vigor ou documento de identificación comunitario ou equivalente.
A TRAVÉS DE QUE MEDIOS SE PODE SOLICITAR?
O Certificado pódese solicitar a través de tres vías:
Presencial: Presencialmente na Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza (Atención ao público de luns a venres de 09:00 h. a 14:00 h. Telf 981 246 231. Enderezo, R/ Emilia Pardo Bazán nº1, 1º. A Coruña).
Por correo postal (unha vez reciban a documentación enviaranlle un código para poder acceder á descarga do certificado).
On line:a través da páxina web www.mjusticia.gob.es se se dispón de certificado dixital- DNI electrónico (unha vez reciban a documentación enviaranlle unha ligazón para poder descargar o certificado).

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.