Boletín informativo 01 de Marzo de 2016 Nº: 331
Programa de Intercambio Xuvenil Internacional REAJ- 2016
A Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ) desenvolve un ano máis o Programa de Intercambios Xuvenís en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e a Asociación de Inglaterra e Gales de Albergues Xuvenís.
Mediante o desenvolvemento deste programa, queremos dar aos mozo/as socio/as da Rede Española de Albergues Xuvenís unha oportunidade única de experimentar, vivir e colaborar nos albergues doutro pais co obxectivo de mellorar os seus coñecementos nun ambiente internacional.

Obxectivo principal do programa

Potenciar o desenvolvemento profesional dos mozos/as, facilitándolles así a súa formación nas distintas actividades que se realizan nas instalacións dos albergues.

Así mesmo, adquirirán un coñecemento intercultural durante a súa estancia no pais de acollida, impulsando a aprendizaxe de idiomas, o respecto por outras culturas e formas de vida, e a súa influencia nas distintas ramas profesionais.

A quen vai dirixido?

A mozos e mozas de 18 a 30 anos, que reúnan as seguintes características:

• Ter ganas de vivir unha experiencia internacional que mellorará o seu Cv.

• Posuír o carné de alberguista en vigor durante o desenvolvemento do programa.
• Ter un coñecemento fluído do idioma principal do pais de destino (nivel mínimo esixido de inglés: B1).
Como inscribirse?

Para realizar a correcta inscrición no "Programa de Intercambios Xuvenís Internacionais", cómpre completar o formulario de inscrición.

Despois de completar o formulario tes que enviar por email a voluntariado@xunta.es a seguinte documentación:

• Fotocopia escaneadada do carné de alberguista en vigor.

• Certificado que acredite, como mínimo, un nivel B1 de inglés.

• Carta de motivación sobre a inscrición neste programa de intercambio en albergue (Opcional).

Máis información

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.