Boletín informativo 29 de Febreiro de 2016 Nº: 330
ÁGORARURAL – XORNADA SOBRE XUVENTUDE E RURAL EN VILALBA
A Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza unha xornada sobre a Xuventude e o Rural o vindeiro 4 de marzo. As actividades pretenden ofrecer un espazo de encontro para a mocidade da Terra Cha e toda a provincia de Lugo poñendo en valor as posibilidades de presente e futuro do rural para a mocidade desde a esfera educativa, empresarial, política e financeira.
Do mesmo xeito, a xornada pretende poñer en valor experiencias innovadoras que se están a levar a cabo no rural por mozos emprendedores e ofrecer dende unha perspectiva lúdica a aprendizaxe non formal que se adquire no rural.
A destacar a participación do Catedrático de Física da Universidade de Santiago, Jorge Mira que fará unha reflexión en clave biográfica da pegada do rural na súa carreira profesional.
A ÁgoraXove – Vilalba enmárcase nun programa da Consellería de Política Social, orientado á creación de espazos que faciliten a participación dos mozos galegos na vida social, económica e cultural da nosa Comunidade Autónoma; a través da celebración de 12 foros en distintos puntos da nosa xeografía que fomenten e consoliden o protagonismo dos mozos na súa contorna.
Para máis información pincha aquí

Formulario de inscrición "Xornada sobre Xuventude en Vilalba"

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.