Boletín informativo 17 de Febreiro de 2016 Nº: 328
CURSO DE INICIACIÓN AO VOLUNTARIADO 2016
Xa está aberto o prazo de inscrición ao curso básico de iniciación ao voluntariado 2016.
Todas aquelas persoas que esteades interesadas en matricularvos podedes facelo na plataforma de teleformación de voluntariado dende o 17 de febreiro ata o 17 de marzo ás 14:30h.
A finalidade do curso é transmitir os coñecementos básicos sobre a acción voluntaria a todas aquelas persoas interesadas en introducirse no mundo do voluntariado, ben porque acaben de incorporarse nunha entidade de acción voluntaria ou porque pretenden realizar voluntariado nun futuro.
Enlace á plataforma de teleformación.

Lembra que se xa eres alumna/o da plataforma debes acceder ao panel de alumno para matricularte.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.