Boletín informativo 13 de Novembro de 2015 Nº: 323
Día Universal dos Dereitos do Neno
Con motivo do Día Universal dos Dereitos do Neno, a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social está a organizar unha Xuntanza de Familias Acolledoras de Galicia, que terá lugar o vindeiro sábado día 21de novembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.
Coa intención de fomentar e reforzar a figura do acollemento familiar, celebrarase unha mesa redonda e dous puntos de atención e información, así como actividades lúdicas para os nenos, para o desenvolvemento das cales precísanse persoas voluntarias que realicen as seguintes funcións:

INFORMATIVA
1. Acompañamento, orientación e información das instalacións ás familias, en especial a aquelas persoas con mobilidade reducida.
2. Organización do gardarroupa.
· Número de voluntarios: 10

EDUCATIVA
Colaboración co persoal contratado na atención aos menores que participen nos obradoiros.
· Número de voluntarios: 3-4

Para colaborar tedes que cubrir o seguinte formulario de inscrición: Día Universal dos Dereitos do Neno

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.