Boletín informativo 07 de Agosto de 2015 Nº: 319
O CONCELLO DE BOIMORTO SOLICITA PERSOAS VOLUNTARIAS PARA COLABORAR NO FESTIVAL DA LUZ 2015
Un ano máis o Concello de Boimorto vai celebrar o FESTIVAL DA LUZ os días 12 e 13 de setembro para o que solicitan a colaboración de persoas voluntarias neste evento de carácter benéfico.
Os voluntarios poderàn colaborar nas seguintes tarefas:

-Apoio no aparcadoiro.
-Apoio na caseta de Cruz Vermella (no caso de persoas voluntarias que realizaran estudos de enfermería e mediciña).

A colaboración será de 4 horas diarias como máximo.
Os voluntarios deberán desprazarse por conta propia ata o lugar onde se celebra o Festival e a cambio da mencionada colaboración:

- Terán cuberto o correspondente seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante o período de colaboración.
- Daráselles unha comida diaria.
- Poderán pernoctar, se o desexan, no albergue público sen coste (o albergue está situado a uns 4 kilómetros de onde se realizará o Festival polo que é preciso dispor de coche para desplazarse ata el).
- Unha entrada por voluntario para o Festival.
-Aparcamento gratuito (previa acreditación).

Realizarase unha reunión previa para organiar as quendas de colaboración e horarios das mesmas.

Se estás interesada/o en participar e asistir a este evento preme na seguinte ligazón

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.