Boletín informativo 30 de Xuño de 2015 Nº: 314
Programa de 'Voluntariado de recuperación do patrimonio cultural e ambiental na aldea de Salgueiro 2015'
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Secretaría Xeral de Medio Rural e de Montes pon en marcha este verán o programa de “Voluntariado de recuperación do patrimonio cultural e ambiental na aldea de Salgueiro”.
O programa levarase a cabo na área de reserva integral onde se atopa a aldea cunha serie de actividades de fin de semana que están encamiñadas á formación e sensibilización ambiental dos participantes, e á toma de concienciación sobre a importancia da conservación e protección do patrimonio galego.
DESTINATARIOS
Grupos de 6 persoas voluntarias maiores de 18 anos que estean interesados/as no coñecemento, conservación e o estudo do Medioambiente.

LOCALIZACIÓN
O programa levarase a cabo na Aldea Medioambiental de Salgueiro no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e Reserva da Biosfera Xurés-Gerês.
Os/as voluntarios/as aloxaranse na Aldea de Salgueiro.

QUENDAS
Do 14 ao 16 de agosto
Do 4 ao 6 de setembro
Do 11 ao 13 de setembro
Do 18 ao 20 de setembro
Do 25 ao 27 de setembro

Máis información e formulario de inscrición.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.