Boletín informativo 22 de Xuño de 2015 Nº: 313
VOLUNTARIADO PARA APOIO E ACOMPAÑAMENTO A PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL NAS ILLAS CÍES 2015
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza poñen en marcha por segundo ano consecutivo o programa de voluntariado para apoio e acompañamento a persoas con diversidade funcional no entorno das Illas Cíes.
Durante os meses de xullo e agosto un grupo formado por tres voluntarios terán a oportunidade de participar,de mércores a mércores, apoiando e acompañando a persoas ou grupos de persoas con diversidade funcional que visiten a illa nas actividades que desenrolen na mesma.
Os voluntarios deberán realizar un curso previo de formación para poder participar. Este curso será presencial e desenvolverase o día 27 de xuño de 10:00 a 14:00h en Vigo. (Para formalizar a inscrición debes premer a seguinte ligazón antes do 25 de xuño ás 14:30h). Curso limitado a 78 prazas. Por este motivo toda persoa interesada debe inscribirse ao programa antes do 25 de xuño, día de finalización do prazo de matrícula do curso.
Para máis información e inscribirte ao programa preme a seguinte ligazón.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.