Boletín informativo 20 de Maio de 2015 Nº: 309
DEPÓSITO DAS EXPERIENCIAS DAS PERSOAS VOLUNTARIAS NO REXISTRO DE ACCIÓN VOLUNTARIA
Para facilitarvos o depósito das experiencias voluntarias modificamos o espazo "Depósito de experiencias das persoas voluntarias" dentro do apartado REXISTRO.
Dentro do mesmo atoparédesvos con tres apartados:

1.- POR QUE É IMPORTANTE DEPOSITAR AS EXPERIENCIAS VOLUNTARIAS NO REXISTRO DE ACCIÓN VOLUNTARIA?

2.- PASOS A SEGUIR POLAS ENTIDADES DE ACCIÓN VOLUNTARIA PARA A INSCRICIÓN DAS EXPERIENCIAS VOLUNTARIAS. DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA

3.- NOTAS ACLARATORIAS PARA FACILITAR A CUMPRIMENTACIÓN DO ANEXO III
No apartado nº2 mesmo atoparedes un documento que podedes descargar e que vos simplifica os pasos a dar.
Esperamos, con estas modificacións, tervos aclarado as dúbidas plantexadas.

Un saúdo

Subdirección Xeral de Voluntariado e Participación

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.