Boletín informativo 08 de Xaneiro de 2008 Nº: 15
Dispoñibles as notas dos dous primeiros cursos on line
O departamento de formación de voluntariadogalego.org informa a tódolos interesados que o listado de alumnos aptos nos
cursos on line Iniciación ao voluntariado e Iniciación á xestión de asociacións xa están dispoñibles.

Ambos documentos poden atoparse na sección NOVAS do apartado de formación on line da web.

Por outra banda, o listado do curso Iniciación á xestión de programas de voluntariado publicarase ao longo das próximas semanas. Será daquela, unha vez coñecidos todos os alumnos aprobados nos tres cursos on line, cando se emitan os diplomas oficiais.

Os titores optaron por establecer este criterio xa que hai persoas que se matricularon en todos os cursos mencionados.

Acceso directo ao listado de alumnos aptos >>

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.