Boletín informativo 01 de Outubro de 2007 Nº: 11
CONTINÚA O PROGRAMA DE FORMACIÓN DE VOLUNTARIADO
Dentro do Plan Galego de Voluntariado 2006-2010 están programados para este último trimestre tres cursos presenciais que se desenvolverán en cada unha das provincias galegas.

Podedes consultar as datas e os enderezos onde terán lugar na páxina web www.voluntariadogalego.org

Agardamos que sexa do voso interese.

A vosa participación e contribución é fundamental para acadar o grao de calidade desexable no desenvolvemento deste programa.
Voluntariado en acompañamento social:
Contidos:
1) Análise da realidade. Principais dificultades.
2) Tipos de acompañamento social.
3) As funcións das persoas voluntarias en acompañamento social.
4) Técnicas e habilidades sociais que melloren e desenvolvan a nosa actividade.
5) A relación de axuda.
Elaboración de programas de voluntariado:
Contidos:
1) Marco conceptual. Os programas de voluntariado dentro da estrutura glogal das entidades sen ánimo de lucro.
2) Obxectivos dos programas de voluntariado.
3) Aspectos a ter en conta no modelo de xestión de voluntariado.
4) Elementos do itinerario das persoas voluntarias a ter en conta no deseño.
5) A estrutura dos proxectos de voluntariado
Voluntariado Medioambiental
En breve concretaranse as datas e lugar de celebración.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.