Boletín informativo 11 de Setembro de 2007 Nº: 10
Programa de Formación 2008
De cara á planificación do Programa de Formación do Voluntariado para o 2008 agradeceríamos contar coa vosa participación.
SUXESTIÓNS AO PROGRAMA DE FORMACIÓN
Dende Voluntariado Galego pretendemos recoller as vosas achegas e melloras para o vindeiro Programa de Formación de Voluntariado, por iso solicitamos as vosas impresións e suxestións sobre os cursos que consideredes do voso interese, número de persoas con que deberían contar cada un, datas máis recomendables, contidos e duración dos mesmos, e outros aspectos que consideredes oportunos, para procurar ofrecer unha formación de calidade e próxima ás entidades e ao voluntariado en xeral.

Podedes deixar as vosas achegas a través do formulario de suxestións habilitado na nosa web voluntariadogalego.org. É importante que a vosa achega se realice no prazo dun mes dende esta data.
DATOS DAS ENTIDADES
Lembrámoslle que é moi importante que actualicen os seus datos a través da páxina web e que completen toda a información sobre a súa entidade para acadar unha información máis rápida e fluida.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.