Boletín informativo 10 de Xullo de 2007 Nº: 9
Consellos en caso de vaga de calor
Lembrámoslle algúns consellos para a saúde, facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da consellería de Sanidade, sobre as medidas recomendadas en caso de vaga de calor.

Pode descargar o folleto completo dende a páxina de voluntriado galego.
¿COMO AFECTA Á SAÚDE?
A gravidade dos trastornos producidos polo exceso de calor vai dende os leves, como ascambras ou o esgotamento, ata a forma máis grave, que é o golpe de calor.
¿QUE FACER NOS CASOS DE GOLPE DE CALOR?
Mentres chega o servizo médico

Solicitar axuda médica urxente: no teléfono 061
Baixar a temperatura:
Trasladar ao afectado á sombra, a lugar fresco e tranquilo.
Arrefiar o corpo: afrouxar ou quitar a roupa, mollar con auga fresca e abanar.
Hidratar: sempre que estea consciente.
Darlle de beber auga fresca ou bebidas minerais, en grolos pequenos.

Se está inconciente
Deitalo de lado coas pernas flexionadas.
Nunca lle ofreza líquidos.
¿QUE PERSOAS SON MÁIS VULNERABLES?
As de idade avanzada, discapacitados enenos menores de 5 anos, en especial oslactantes. As que padecen enfermidades crónicas(hipertensión, diabetes, cardiopatía, obesidade, alcoholismo). As que tomen algunha medicación habitualmente. As que realicen traballos físicos intensosou deporte ao aire libre, cando haxa temperaturas elevadas.

AVISO LEGAL: Se recibe este boletín é porque está dado de alta no noso servizo.
De tódolos xeitos, poñemos á súa disposición este espazo para darse de baixa, no que debe indicar o seu enderezo de correo electrónico e o número de subscritor que aparece no asunto deste correo electrónico.
Este correo electrónico foi enviado por Voluntariadogalego.org. Benvido/a.