Saltar navegación
Voluntariado galego

VOLUNTARIADO Curso en liña: Novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias. 2020

[28-04-2020 - 28-05-2020]

Unha vez comprobadas as solicitudes que xa se recibiron, procedemos a reabrir a inscrición a este curso ata cubrir prazas.

Destinatarios/as: Este curso está dirixido a persoal técnico e persoas voluntarias das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.

Nº. de horas: 20

Nº. de edicións: 1

Nº. de prazas: 100

Contidos:

MÓDULO 1: CONTEXTUALIZACIÓN DO VOLUNTARIADO
1.1. Que é a acción voluntaria?
1.2. Persoas voluntarias e entidades de voluntariado.
1.3. Valores que sustentan a acción voluntaria.
1.4. Funcións da acción voluntaria.
1.5. Dereitos e deberes das persoas voluntarias e das entidades de voluntariado.
MÓDULO 2: DESENVOLVEMENTO DE COMPETENCIAS DIXITAIS
2.1. Voluntariado e novas formas de participación a través da tecnoloxía.
2.2. A adquisición de competencias dixitais. Educar e sensibilizar fronte a demonización.
MÓDULO 3: FERRAMENTAS PARA O TRABALLO DIARIO CO VOLUNTARIADO.
3.1. A túa identidade dixital é a túa marca.
3.2. Mercadotecnia dixital. Elaboración dunha estratexia dixital da entidade para potencias, xestionar as iniciativas de voluntariado.
3.3. As ferramentas tecnolóxicas e de comunicación ao servizo de entidades e persoas voluntarias.
3.4. A tecnoloxía como ferramenta cívica. Traballo en rede e apoio ás persoas voluntarias.
3.5. A creatividade e a innovación: novos escenarios novos recursos.
MÓDULO 4: PLANIFICACIÓN E XESTIÓN DO VOLUNTARIADO EN CLAVE TICs
4.1. Integrar ás persoas voluntarias no proxecto da entidade. A fase previa de preparación.
4.2. Aspectos clave a ter en conta en cada unha das fases do ciclo do voluntariado. En que e como pode axudarnos a tecnoloxía?


Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de Teleformación de Voluntariado, www.voluntariadogalego.org

Data de realización: do 28 de abril ao 28 de maio

Copyright voluntariadogalego.org