Saltar navegación
Voluntariado galego

Curso en liña: Perspectiva de xénero na intervención social para o voluntariado 2019

[19-11-2019 - 19-12-2019]

A inscrición estará aberta ata o 15 de novembro de 2019.

Destinatarios: Preferentemente persoal técnico e voluntarios das entidades inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

Nº de horas: 20

Nº de edicións: 1

Nº de prazas: Sen límite

Contidos:
MÓDULO I: O Voluntariado e o movemento do voluntariado. O papel do voluntariado social na sociedade actual.
MÓDULO II: Xénero e igualdade de oportunidades. Conceptos como xénero, igualdade de oportunidades e intervención para a prevención da violencia de xénero coa incorporación da
perspectiva de xénero no ámbito da intervención social voluntaria. Conceptos básicos e fundamentos legais.
MÓDULO III: O xénero como construción social. A construción da masculinidade e a feminidade: estereotipos e roles. Sociedade patriarcal, diversidade sexual e de xénero.
Diferencias, desigualdades e discriminacións. O xénero como categoría de análise en diferentes ámbitos: traballo, educación, saúde, público/privado
MÓDULO IV: A cooperación e a educación para o desenvolvemento con perspectiva de xénero.
Ámbitos de intervención social e voluntariado.
MÓDULO V: Módulo de 2h sobre violencia de xénero segundo as bases e principios do Pacto de Estado.

Modalidade: en liña

Lugar de impartición: Plataforma de teleformación de voluntariadogalego.org

Data de inscrición: do 30 de outubro ao 15 de novembro

Data prevista de realización: do 19 de novembro ao 19 de decembro

Copyright voluntariadogalego.org